Pola súa compra nunha óptica de Santiago, el levou unha moto eléctrica gratis

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

José Ramón Villaverde gañou o último dos sorteos de Compostela Monumental

23 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Unha visita á óptica valeulle a José Ramón Villaverde unha moto eléctrica gratis. Este veciño do centro histórico de Santiago gañou o último dos sorteos de Compostela Monumental para premiar a fidelidade dos seus clientes. José Arufe, de Terremoto, entregoulle a Scooter Segway E110S que lle tocou tras ser elixida a papeleta que depositou tras facer unha compra nA Lente de Oro.