«Berro», danza en busca da memoria colectiva no Auditorio de Galicia

La Voz

SANTIAGO

BASILIO BELLO

Nova Galega de Danza ofrece este domingo en Santiago o espectáculo co que conmemora 20 anos en escena e que está nomeado aos premios Max en catro categorías

28 abr 2024 . Actualizado á 04:55 h.

A compaña Nova Galega de Danza recala este domingo en Santiago con «Berro», o espectáculo co que conmemora os seus vinte anos en escena. Unha proposta que «sae á procura da memoria colectiva» e «representa o baleiro que supón ser persoas soas e illadas nunha sociedade sen memoria, na busca do movemento que lle lembre o seu pasado».

O espectáculo, que está dirixido por Jaime Pablo Díaz e coreografiado por Sharon Fridman, suma catro candidaturas aos Premios Max: mellor espectáculo de danza, mellor coreografía, mellor vestiario e mellor bailarín para Jaime Pablo Díaz. Ademais, a música é da autoría de Sergio Moure de Oteyza, candidato aos premios Goya pola composición de bandas sonoras como o filme «Inconscientes».

20.30 horas • Auditorio de Galicia • 10 euros •