Pía Piadosa exhibe a súa obra na Fundación Granell, en Santiago

La Voz

SANTIAGO

xoan a. adoitar

Inaugura este xoves a mostra «Un latexo, unha dentada, un eructo»

22 feb 2024 . Actualizado ás 04:55 h.

20.00 horas • Fundación Granell • «Un latexo, unha dentada, un eructo». Ese é o título da exposición de Pía Piadosa que abre esta noite as súas portas na Fundación Granell, onde poderá visitarse ata o 21 de abril.

Na mostra, a artista invita o debate sobre a precariedade e a autogestión que rodea ao mundo da arte e as dificultades que sofren os e as artistas noveis á hora de profesionalizar o seu traballo. Pía Piadosa é unha creadora multidisciplinar. Na súa obra conviven a cerámica, a ilustración, poesía e animación, entre outras.