A oferta expositiva compostelá renóvase con obras de Vari Caramés e Paco Pestana

La Voz

SANTIAGO

ANGEL MANSO

No Claustro Alto de Fonseca tamén abrirá unha mostra de Luis Rodríguez Camarero

01 feb 2024 . Actualizado á 04:55 h.

A obra do fotógrafo Vari Caramés e do artista plástico Paco Pestana protagonizan as exposicións que abrirán hoxe as súas portas na galería Trinta e a Fundación Granell, respectivamente.

Caramés inaugura «Bosque animado (con Ángeles)» ás 20.00 horas en Trinta. Trátase dunha serie fotográfica produto dun paseo pola fraga de Cecebre, que se poderá ver ata o 15 de marzo.

Á mesma hora, pero na Fundación Granell, abrirá «Paco Pestana. O curto voo dun paspallás», que revisita o proxecto plástico e vital do artista de Castroverde. A mostra comisariada por Cristina Carballedo vira ao redor de obras, documentación e outros elementos do artista.

E Ademais

«O reino das árbores. Luis Rodríguez Camarero»

12.00 horas • Claustro Alto do Colexio de Fonseca • A Universidade inaugura unha exposición de pintura do artista Luis Rodríguez Camarero. As súas obras caracterízanse pola cualidade matérica e a beleza cromática. Nelas reflicte a paisaxe galega.