O Museo do Pobo Galego, nunha charla de Concha Losada no Ateneo

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

A presidenta do padroado do centro cultural falará sobre «O futuro dun legado»

06 nov 2023 . Actualizado á 04:50 h.

Hoxe • 19.30 horas • Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19) • Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade • O Museo do Pobo Galego protagoniza hoxe o ciclo Os Luns do Ateneo a través da charla que ofrecerá a presidenta do seu padroado, Concha Losada, titulada «Museo do Pobo Galego. O futuro dun legado». A historia e costumes de Galicia están recollidas e arquivadas no Museo do Pobo, onde Concha Losada colabora desde os anos 90. Doutora en Medicina, colaborou en varias ocasións co centro museístico co seu traballo de difusión da música tradicional galega a través do Instituto de Estudo das Identidades. Tamén achegou á entidade proxectos como a fundación da Asociación do Traxe Galego.