Dous congresos reúnen este mes en Santiago a expertos en peregrinacións

N. v. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CRISTÓBAL RAMÍREZ

A Cátedra Institucional do Caminoide Santiago da USC e a Orde do Camiño de Santiago porán o foco na ruta xacobea esta semana e a próxima

14 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A cidade acollerá este mes dous congresos internacionais vinculados coa ruta xacobea e que reunirán a expertos en peregrinacións. Por unha banda está o cuarto congreso da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC, que reunirá os días 21 e 22 na Cidade da Cultura a investigadores nacionais e internacionais para presentar os resultados de 21 microproyectos de investigación, divulgación e pedagóxicos vinculados ao Camiño e que foron concedidos pola Cátedra a través dunha convocatoria pública. Entre eles hai traballos que aplicaron a intelixencia artificial para a detección de percepcións sobre o Camiño e outros de análise da oferta gastronómica na ruta.

Pola súa banda, a Orde do Camiño de Santiago celebra o seu segundo congreso As rutas de peregrinación como impulsoras do turismo global uns días antes, do 16 ao 18 en varios hoteis, o Porta do Camiño, o Monumento San Francisco e o Hostal, trasladándose a Melide o último día. Cun programa que profundará no desenvolvemento do turismo relixioso, contará con de 25 relatores de 20 países, entre eles a ministra de Turismo de Paraguai , Sofía Montiel. Nesta edición entregarase a Gravata da Orde á Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil e presentarase Camiñar, o himno da Orde, interpretado por Lucía Pérez.