Hemeroteca | 1993 | «Peregrinación literaria» de máis de 300 escritores

La Voz

SANTIAGO

Pen Club Galicia

Entre os participantes atopábanse Salman Rushdie, José Saramago, Cela ou Torrente Ballester

06 sep 2020 . Actualizado ás 14:51 h.

A elite da literatura mundial iniciaba hai 27 anos a súa participación nun encontro en Santiago. Tratábase da sesaxésima edición do Congreso Internacional do Pen Club, que levaba por lema «Polos camiños da literatura». Nel participaban máis de trescentos escritores para debater durante cinco xornadas sobre a situación dos literatos privados de liberdade, das mulleres escritoras e dos creadores que vivían as consecuencias de pertencer a comunidades afectadas pola guerra, entre outras.

Entre os invitados de honra participante no acto de apertura atopábanse Camilo José Cela, Jorge Amado e Nélida Piñón. Nas xornadas seguintes estaba previsto que tamén se sumasen Joan Perucho, Ernesto Sábato, José Saramago e Gonzalo Torrente Ballester. Finalmente, tamén acudira Salman Rushdie, que recibiu o apoio dos seus compañeiros.