Recoñecemento para Tamara Montero

La Voz

SANTIAGO

ANGEL MANSO

A xornalista de La Voz de Galicia recibiu a mención de honra do Premio Alejandro Pérez Lugín

25 ene 2020 . Actualizado ás 04:55 h.

A xornalista de La Voz de Galicia recibiu onte a mención de honra do Premio de Xornalismo Alejandro Pérez Lugín, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña. Presidiu o acto a alcaldesa, Inés Rey , que destacou do gañador, Rodri Suárez, «a súa capacidade innata de contarnos a historia musical máis recente da Coruña». Ademais, cualificou o texto de Tamara Montero como «delicioso».