Unha cidade de 8.000 pezas de Playmobil

La Voz

SANTIAGO

paco rodríguez

Os clicks e elementos do coñecido xogo regresan este Nadal a Área Central con fins solidarios

11 dic 2019 . Actualizado ás 00:12 h.

Os clicks e pezas de Playmobil regresan este Nadal a Área Central con fins solidarios. Membros da Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil (Aesclick) recrearon unha cidade do Nadal para recadar fondos para axudar aos nenos hospitalizados e ao Albergue Xoán XXIII. A urna estará colocada ata o 11 de xaneiro e confían en repetir o éxito do ano pasado, cando conseguiron 1.700 euros.

Para a recreación desta cidade do Nadal utilizaron máis de 8.000 pezas de Playmobil desde principios dos anos 80 -cando saíron á venda- ata a actualidade, explicou Paco Raigón, comisario da mostra. Delas, 600 son clicks (bonequiños). Para conseguir emular o ambiente do Nadal, incluíndo unha cabalgata de Reyes, foi necesario modificar o 80 % os bonecos, polo que levan traballando desde fai catro meses na iniciativa. Esta cidade do Nadal creada por membros de Aesclick ten varias chiscadelas a Santiago, así poden descubrir As Marías ou a estatua de Valle-Inclán, entre outros.