
30 jun 2017 . Actualizado á 04:00 h.
A comitiva da vixésimo sétima edición da Ruta Xacobea AC Hotels by Marriot en bicicleta arribou onte á liña de meta co presidente da cadea, Antonio Catalán, á fronte. Os participantes nesta nova edición completaron no Obradoiro a peregrinación que iniciaron o pasado día 24 en Pamplona. En total, o grupo de ciclistas percorreu ata chegar aos pés da Catedral compostelá 823 quilómetros, que o pelotón repartiu en seis esixentes etapas.