Unha trintena de relatoras abordarán a peregrinación desde diferentes puntos de vista
02 oct 2015 . Actualizado á 05:00 h.O primeiro Fórum do Camiño de Santiago, Fairway, reunirá entre os días 15 e 18 deste mes a unha trintena de relatoras de dez países, entre eles os principais expertos na ruta xacobea e noutras rutas de peregrinación. Na cita compostelá haberá nomes coñecidos como os do presidente de AC Hoteis, Antonio Catalán; o cantante Serafín Zubiri; o director do CAB Obradoiro, José Luis Mateo; e o explorador e marca Guinness, Marek Kaminski.
Xunto a eles virán escritores, comunicadores e produtores audiovisuais vinculados o fenómeno xacobeo como Carlos Mencos, Antón Pombo, Sue Kenney e Cardula Rabe.
O programa de Fairway é multicultural, didáctico, experiencial e reflexivo e estará dividido en catro paneis expositivos sobre o Camiño que reflicten outros tantos puntos de vista sobre a ruta xacobea. Eses apartados son: Camiño Outsites, After Way, Other Ways e Camiño Insights. O prazo de inscrición para participar en Fairway, que se desenvolverá na Cidade da Cultura, está aberto.