
12 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A Praza da Capela de San Martiño, en Poio, será escenario da Festa dos Dolores, un evento que volve con forza tras ser recuperado o ano pasado pola Asociación Cultural Gaiteiro Manuel Villanueva. Están programados, entre outras citas, xogos tradicionais (10 h.), sesión vermú con de Due Eventos (13 h.), o espectáculo Peor imposible, con Peter Punk (18.30 h.) e verbena con Magos e Due Eventos (21.30 h.).