Pesar en Cerdedo pola morte de Iluminada Amelia Guinarte, nai do exalcalde José Balseiros

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

O funeral será esta tarde na igrexa parroquial de Tomonde

05 dic 2025 . Actualizado á 11:37 h.

A corporación municipal do Concello de Cerdedo-Cotobade fixo público o seu pesar polo falecemento aos 88 anos de Iluminada Amelia Guinarte Portos, nai de José Balseiros Guinarte, que foi alcalde de Cerdedo durante doce anos (do 2004 ao 2016) e que na actualidade ocupa o cargo de director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta. O velorio celébrase no tanatorio de Cerdedo, de onde está prevista a saída esta tarde, ás 17.30 horas. A continuación celebrarase o funeral na igrexa de Santa Mariña de Tomonde.