Con esta proxección remata ou ciclo «Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil»
07 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.Coa proxección este domingo (12.00 horas) no Teatro Principal de Tony, Shelly e a lanterna máxica (2023), do realizador checo Filip Po?iva, o Concello de Pontevedra clausurará o ciclo nome Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil. Este filme, segundo destacaron, «foi creado mediante a laboriosa técnica do stop motion, que conta cunha gran tradición na República Checa, fotografando cada mínimo movemento dos títeres e escenarios que foron construídos artesanalmente para dar a sensación de movemento».
Foi galardoado no Festival de Annecy e mais en Sitges en 2023, e está recomendado a partir dos 6 anos.