Cunha visita este sábado ao mural da UNED pintado por Manuel Moldes arrancará a programación elaborada conxuntamente polo Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel Moldes para difundir e poñer en valor a obra e figura do artista da cidade do Lérez. Estas acciones, segundo destacaron o edil de Cultura Demetrio Gómez e a presidenta da fundación Moldes, May Díaz Cacheda, terán continuidades en decembro, mes no que se inaugurará a mostra Bicos de cine, que formará parte da programación dos premios Feroz e que consta dunha serie de debuxos pintados en 1991 para o Festival de Cine de Carballiño.
Posteriormente, desenvolveranse obradoiros artísticos da man de Taller Abierto, o primeiro deles será o día 20 para nenos de 6 a 12 anos e centrarase na obra de Manuel Moldes onde poderán coñecer o seu estilo, motivacións, temas predilectos e algunhas das obras fundamentais da súa carreira. E o 27, na sede da fundación terá lugar a representación de Barriga Verde da man de Viravolta Títeres.