
Desde este martes e ata o 14 de novembro, a Deputación de Pontevedra organiza no Museo de Pontevedra un obradoiro de cerámica dirixido a público adulto. Esta actividade será impartida por Teresa Pez constando de catro sesións de dúas horas cada unha delas que se desenvolverá no Edificio Castelao.
No transcurso deste taller, as persoas rexistradas terá ocasión de modelar, decorar e colorear as súas propias pezas cerámicas. Desde a Deputación apuntaron que «o obradoiro está inspirado en Cerámica Celta, un proxecto que puxo en marcha Ramón Diéguez en Pontecesures en 1925, hai xusto cen anos. Daba continuidade a Cerámica Artística Gallega, coa idea de desenvolver deseños artísticos que fixesen referencia á cultura tradicional e o universo rural e mariñeiro galego. Para iso, Cerámica Celta contou coa colaboración de artistas de renome, como Francisco Asorey, Castelao, Carlos Maside, Carlos Sobrino, José María Acuña ou Bonome».