Un policía ferido no 2020 en Pontevedra e ao que lle quedaron «secuelas para sempre» aínda non cobrou os 20.000 euros de indemnización

PONTEVEDRA

O Ministerio do Interior débelle resarcir agora, despois de que se declarse insolvente ao agresor
22 oct 2025 . Actualizado á 18:54 h.A Confederación Española de Policía (CEP), un sindicato policial, denuncia que un axente que foi «brutalmente agredido» nunha intervención na cidade e a consecuencias diso tivo lesións de consideración, precisando case un ano para curarse e quedando con secuelas para toda a vida, aínda non cobrou a súa indemnización por estes feitos.
A letrada do sindicato, María Jesús Martínez, defendeu ao policía. Logrou que se condenase ao agresor en novembro do 2022 por un delito de atentado e que na pena imposta figurasen casi 20.000 euros de indemnización para o axente.
Pero os anos foron pasando sen que a persoa condenada resarcise economicamente ao axente prexudicado. E finalmente o xulgado número 2 de Pontevedra ratificou a semana pasa a insolvencia do condenado, declarando que a Dirección Xeral da Policía terá que facerse cargo subsidiariamente deste pago.
Desde a CEP denuncian que estes feitos causan grande indefensión aos axentes, porque pasou un lustro sen que o axente fose resarcido. Indican que isto non é un feito illado, senón que no ano 2024 foron case 17.000 os policías nacionais e garda civís que foron agredidos no exercicio das súas funcións. «Un axente non vai pór a outra fazula. Se o delincuente non paga, farao a Administración, pero os policías deben ser resarcidos», indicou Carlos Rodríguez Losada, secretario provincial do sindicato en Pontevedra.