A revista «Cedofeita» recolle dende ou aceite santo como terapia ata a intelixencia artificial

PONTEVEDRA

A Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez, coa colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, presenta na Casa das Campás (20 horas) o último número da súa revista Cedofeita. Nesta acto está confirmada a presenza de Xosé Fuentes Alende, exsecretario do Museo de Pontevedra; Guillermo Meijón Couselo, orientador educativo; e Xosé Álvarez Castro, historiador especialista en memoria democrática, que colaboran na revista con artigos relacionados co aceite santo como terapia, educación inclusiva e a Caixa Rural de Lérez, respectivamente, mentres que a vicepresidenta da asociación, María del Carmen Pereira Pazo, moderará el encuentro.
O número 28 de Cedofeita recolle unha vintena de propostas que abordan dende o cano do cura, os problemas da pesca no río Lérez, unha propiedade das irmáns Gago de Mendoza ata a taberna do Carranco ou a intelixencia artificial.