Unha decena de procesións percorrerán as rúas de Pontevedra pendentes da climatoloxía

PONTEVEDRA

As tradicionais procesións de Semana Santa arrincaron este mesmo venres coa Virxe dos Dolores. Ao longo dos próximos días, está previsto, sempre que o tempo acompañe, que percorran as rúas de Pontevedra un total de dez procesións.
Así, este mesmo domingo desenvolverase a dA Borriquita, con saída ás 11.45 horas da igrexa de San José ata a praza da Ferrería, onde levará a cabo a bendición de palmas e ramos. Ademais como novidade, este ano levará a cabo o regreso á basílica de Santa María.
Xa o luns será a do Cristo das Caídas, mentres que o martes será a de Jesús Nazareno e María Santísima da Esperanza e o mércores a da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo. Co Xoves Santo terá lugar a Procesión dos Pasos e, ao día seguinte, as do Encontro e a Procesión Xeral do Santo Enterro. Ademais, nesta xornada programouse a oración de vésperas e Rito do Desencravo.
En canto ao Sábado Santo, terá lugar o traslado da imaxe de Ecce Homo, mentres que o Domingo de Pascua desenvolverase a Procesión do Encontro de Jesús Resucitado coa súa Nai a Virxe María.
En paralelo a estas celebracións, este sábado pola tarde terá lugar a segunda xornada do Certame de Bandas Confrades.