
12 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A Deputación de Pontevedra, a través de Nava Castro, participou no acto organizado no Ateneo de Madrid para conmemorar o centenario da estrea dA cabeza do Bautista, obra de Ramón María del Valle-Inclán que Cipriano Rivas Cherif levou aos escenarios en Sevilla. Ademais, presentouse a cuarta edición do Festivalle.