Ribadavia declara a alerta por seca: «Non podemos garantir a auga para mañá» 

La Voz

RIBADAVIA

Imagen de archivo del reparto de agua en depósitos en el casco de Ribadavia este mes de agosto
Imaxe de arquivo da repartición de auga en depósitos no casco de Ribadavia este mes de agosto Santi M. Amil

O Concello comezará a recoller subministración dos ríos Avia e Miño

11 ago 2022 . Actualizado á 21:33 h.

O Concello de Ribadavia acaba de declarar o nivel cero do plan de emerxencias municipal e a alerta por seca, debido ao empeoramento da situación do depósito da Fraqueirán que se abastece do río Maquiáns, hoxe seco. Pasou unha semana desde as primeiros cortes e os traballos de recuperación do caudal levados a cabo, de día e de noite, non foron suficientes. A empresa concesionaria, Aqualia, afirma que xa non pode garantir o servizo.

 O consumo de auga en Ribadavia rolda os 500.000 litros en cada apertura -hai dúas ao día- o que significa que salgue máis auga da que entra e que agora mesmo procede de depósitos dos concellos limítrofes de Beade e Carballeda de Avia, que se prestaron a colaborar con Ribadavia.  «Agora mesmo non podemos garantir a agua para mañá. Tivemos á mañá, pero ó mellor pola tarde xa non hai. A situación é crítica», sinalaba este xoves a alcaldesa, Noelia Rodríguez. 

 

Para paliar a falta de subministración, o Concello xa estableceu máis de 25 puntos de repartición de auga en todo o municipio. Uns depósitos fixos na rúa para uso doméstico. Non é potable, só está prevista para a hixiene e a limpeza. A maiores, Aqualia prosegue coa repartición de auga embotellada.

Aínda que se vai a intentar manter o mesmo horario de apertura, dúas horas pola tarde e dúas pola mañá, desde o Concello sinalan que non se descarta deixala reducida nunha franxa horaria. Dependerá da cantidade de auga que poida almacenar o depósito, polo que apelan á concienciación cidadá

Cisternas de agua en el depósito municipal de agua de A Franqueirán.
Cisternas de auga no depósito municipal de auga da Franqueirán. Santi M. Amil

Co visto e prace da Xunta e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Concello de Ribadavia comezou hoxe a coller auga dos ríos Miño e Avia, que chegará ao depósito ribadaviense para ser tratada. Nese sentido, e co plan de emerxencia por seca, o Concello lembra que todas as administracións están obrigadas a dotar de medios ao Concello para poder levar a cabo estes traballos. Agora mesmo necesitan camións cisterna e motobombas para poder recoller o maior número de litros de auga.