A asociación Ou Sarrillo, de Gomesende, mellora a eficiencia enerxética do seu local

LA VOZ OURENSE

GOMESENDE

cedida

A Xunta realizou un investimento de 11.800 euros dentro de Plan de Acción Comunitaria

07 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitaron este mércores o local social da Asociación de Veciños Ou Sarillo en Gomesende para comprobar as obras realizadas con axudas do Plan de Acción Comunitaria. Cun investimento de 11.800 euros acometeron melloras de eficiencia enerxética, coa substitución de portas e fiestras; de saneamento e modernización dos sanitarios; ou de melloras na accesibilidade ao local.

Ademais, realizaron outras medidas de carácter xeral como a substitución do antigo chan para evitar humidades ou da pintura exterior para que encaixe mellor na contorna. Natalia Prieto explicou que estas obras permitirán reducir o consumo e aforra custos. O Plan de Acción Comunitaria da Xunta creceu este ano ata os 4 millóns de euros, o que permitiu financiar 454 proxectos en Galicia, 128 deles en Ourense.