Identifican a unha terceira vítima na fosa dos asturianos do cemiterio de Celanova

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Trabajos de exhumación de los restos óseos en la fosa común del cementerio de Celanova, realizados en diciembre del 2022
Traballos de exhumación dos restos óseos na fosa común do cemiterio de Celanova, realizados en decembro do 2022 Santi M. Amil

Trátase do máis novo dos represaliados fusilados en setembro de 1939: Baldomero Vigil-Escaleira

16 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Os restos dunha terceira vítima enterrada na fosa dos sete asturianos, no cemiterio parroquial de Celanova, foron identificados. Trátase de Baldomero Vigil-Escaleira, o máis novo dos fusilados en 1939. A identificación foi posible grazas ás análises do Laboratorio de Xenética Forense da USC e á colaboración dunha sobriña do defunto, Pilar Vigil-Escaleira, que se achegou en novembro ata as instalacións do Imelga, en Verín. Alí, o antropólogo forense Fernando Serrulla tomoulle unha mostra do seu ADN, clave para cotexar cos restos desta vítima.

As investigacións sobre esta fosa de Celanova, localizada no muro oeste do cemiterio de santo Verísimo, estiveron coordinadas polo Grupo Histagra financiáronse co Plan Cuatrienal de Exhumacións (2021-2024).

Sabíase que Baldomero Vigil-Escaleira Vallejo era de Xixón, tiña 19 anos, era pintor e membro da CNT. Estaba no hospital cando caeu Xixón, en outubro de 1937, e tratou de fuxir no buque Gaivota, no que foi apresado días despois. En xaneiro de 1939 ingresou na prisión central de Celanova. O Comité para a Memoria Histórica rescatou o arquivo histórico coa súa causa militar e execución. En decembro do 2022 exhumáronse os restos. Identificáronse primeiro os de Abelardo Suárez e Marcelino Fernández.