A romaría Raigame de Vilanova dos Infantes homenaxea aos artesáns de doces

La Voz OURENSE

CELANOVA

Romería Raigame, en Vilanova dos Infantes
Romaría Raigame, en Vilanova dos Infantes Santi M. Amil

Un total de 120 postos participan na edición deste ano da cita etnográfica

04 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O 17 de maio •?Vilanova dos Infantes?• A romaría etnográfica Raigame celebrará a súa edición número vinteún o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas. Nela participarán un total de 120 postos nos que estarán presentes os oficios tradicionais, a artesanía e a gastronomía. Estarán distribuídos entre o interior e o exterior do núcleo de Vilanova dos Infantes.

Este ano a romaría fixará a súa mirada na actividade artesanal da docería, tan rica, non só nas terras de Celanova, senón tamén ao longo e largo das distintas comarcas da provincia de Ourense. Dentro da programación haberá música, danza e representacións escénicas.

Como é habitual, haberá un servizo continuo de dous autobuses históricos que, entre as 11.00 e as 19.00 horas comunicarán Vilanova dos Infantes con Celanova, co fin de facilitar a asistencia dos veciños.