O Arenteiro dobrega ao Barbadás e á calor na Copa Federación

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Nacho Ramón anotou os dous goles na primeira parte

08 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Coa lección aprendida da tempada pasada, o CD Arenteiro non se deixou sorprender nesta ocasión na rolda de Copa Federación ante o Barbadás, en Vos Carrís. Os do Carballiño fixeron valer a diferenza de categoría e levaron a vitoria por cero goles a dous. Na próxima rolda agarda o Silva.

Os goles na tórrida cita de Vos Carrís, que se atrasou media hora polas altas temperaturas, foron obra de Nacho Ramón. O dianteiro visitante fixo un dobrete con senllos tantos nos minutos 16 e 23. A partir de aí, o equipo de Jesús Arriba dedicouse a manter a renda e selar o pase de rolda.

Na seguinte eliminator tamén estará o Ourense CF, que o mércores vencía á Sarriá por idéntico marcador. O seu próximo rival será o Vilalbés. No caso de que ambos os equipos ourensáns pasen as súas eliminatorias, mediranse en semifinais. O campión da fase autonómica logra o billete para a fase nacional, onde están en xogo catro prazas para disputar a primeira eliminatoria da Copa do Rey.