Unha ferida nunha colisión por alcance entre un turismo e un bus escolar en Esgos

La Voz

OURENSE

El conductor y único ocupante del turismo tuvo que ser excarcelado.
O condutor e único ocupante do turismo tivo que ser excarcerado. cedidas

Os dez nenos que viaxaban no transporte público resultaron ilesos

02 abr 2024 . Actualizado á 22:01 h.

Un accidente de tráfico entre un turismo e un autobús escolar saldouse cunha persoa ferida, a condutora do vehículo particular, tras unha colisión por alcance. No bus escolar viaxaban nese momento dez nenos. Ningún resultou ferido, como tampouco o chofer nin o acompañante. O autocar puido continuar o seu traxecto. O sinistro viario ocorreu nunha vía interurbana, a OU-536,no municipio ourensán de Esgos, cinco minutos despois das catro e media da tarde.

A condutora do turismo quedou atrapado no interior como consecuencia da colisión e tivo que ser liberado polos bombeiros do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Outros servizos de emerxencias que asistiron aos afectados foron a Garda Civil, o GES do Pereiro e dous médicos do PAC de Maceda, así como unha ambulancia que trasladou á ferida ao centro médico de referencia.

Doutra banda, en Toén catro persoas resultaron lesionadas a causa dunha saída de vía. Tres delas tiveron que ser trasladadas, segundo informou o GES de Ribadavia ao 112 Galicia. Este suceso ocorreu na autovía A-52, minutos despois da unha do mediodía. O sinistro tivo lugar á altura de Feá