Tortilla de pataca sen pataca

Ignacio Bermúdez de Castro
Ignacio Bermúdez de Castro PASOS SEN PEGADAS

OPINIÓN

XOAN CARLOS GIL

09 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Semanas atrás cumpríronse 89 anos do inicio da Guerra Civil, a maior catástrofe que xamais arrasou o noso país. España ten tradición guerreira, pero unha contenda entre irmáns é a máis dura das desgrazas que lle pode pasar a unha nación. Salvo aos que nos interesa a temática como materia de estudo, ou aqueles que polos seus anos naceron durante o transcurso da mesma ou son nenos da posguerra, poucos lembran as privacións de entón. A década dos 40 foi época de fame negra. As nosas avoas e bisavoas eran expertas en preparar pratos en grao sumo variados para enganar á fame. Tortilla de pataca sen pataca nin ovo, café con leite sen café nin leite, flan de ovo sen ovo, luras da horta sen luras... Centos eran os menús que se elaboraban con tamaño imaxinación e carencia de ingredientes. A pesar de non vivilo e si lido e escoitado, cada vez que abro unha neveira e vexo cantidade de iogures, ovos, latas, refrescos e outros alimentos caducados acórdome daqueles homes e mulleres que, tras meterlles nunha guerra que non desexaban, se devanaban os miolos para ter unha comida —unha ao día— que darlle aos seus fillos. Unha xeración para ter sempre presente.