
Recordo cando cursaba a licenciatura de Ciencias Políticas e Socioloxía. Unha das cousas que aprendín é que a credibilidade outorga lexitimidade. A lexitimidade que ostenta o presidente Sánchez vén dada pola aritmética parlamentaria, pois a credibilidade a perdeu ante unha inmensa maioría da poboación. Non só polo feito de que cada día se retracta do argumentado o día anterior. Tamén porque, como presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, é responsable do comportamento máis que cuestionable dos seus máis próximos colaboradores e familiares. Resulta imposible de crer que alguén con tantos centenares de asesores descoñecese as tropelías que, presuntamente, estaban a cometer os dous últimos secretarios de organización do seu partido, un deles á vez titular do ministerio con máis presuposto. E o que pode aparecer tras coñecerse o informe da UCO. Vendeuse aos socios que o manteñen na Moncloa rematando a Montesquieu e a súa separación de poderes, e iso, en democracia, non é admisible. Pero iso non quita que lle recoñeza o mérito de non porse nin tan sequera colorado cando a oposición pide a súa dimisión. Ten resposta para todo. Niso, non negarei o evidente, é un crac.