
A partir do 1 de xullo, os pisos turísticos e de alugueiro de tempada van someter a un control moito máis férreo. Ese día faise efectivo o Rexistro Único Obrigatorio para este tipo de vivendas. A nova normativa xa entrou en vigor en xaneiro, pero establecía un período de adaptación de seis meses para poder ir realizando o trámite.
Agora, a gran novidade é que, en dúas semanas, aqueles inmobles que non teñan o número de rexistro non se poderán ofertar nas plataformas dixitais dedicadas a este tipo de arrendamentos, e considerarase que están a operar de forma ilegal.
Neste rexistro deberán inscribirse tanto os pisos turísticos como o alugueiro de tempada ou por cuartos, e calquera propiedade que se ofreza para estancias curtas e a cambio dunha remuneración económica. Interésanos destacar que teñen a obrigación de inscribirse no rexistro único de vivendas turísticas as casas rurais, os alugueiros de tempada e de cuartos. Ademais de calquera propiedade que se ofreza como aloxamento de curta duración, incluíndo embarcacións ou artefactos navais non vinculados o servizo de navegación.
Ademais, ata que se desenvolva un réxime sancionador específico, as infraccións rexeranse polas lexislacións estatais. autonómicas e locais vixentes.
Neste sentido, o rexistro único vai exercer como unha barreira para quen actuaba ata o de agora fóra da legalidade. Nestas circunstancias, agarda que moitos inmobles que non consigan o rexistro véxanse abocados a saír do mercado turístico. Así, a partir de xullo, por unha banda, vai resultar moi complicado ofertarse e conseguir clientes fóra das plataformas, e por tanto poden ser sancionados.