A afección verde mobilizouse por un Racing de Ferrol que tivo que ir xogar a fase de ascenso a Segundo a Vigo e desde entón xa nunca lle deu as costas
21 oct 2025 . Actualizado á 20:03 h.Na historia recente do Racing de Ferrol, que o pasado 5 de outubro cumpriu os 106 anos de existencia, hai un antes e un despois do partido xogado polo Racing de Ferrol fronte ao Nastic de Tarragona no estadio Abanca Balaídos o 5 de xuño do 2022. O partido correspondía á fase de ascenso a Segunda División, unha fase de ascenso que a Federación Española de Fútbol trouxo a Galicia, sendo A Malata unha das súas sedes. Con todo, pola normativa de capacidade de recintos deportivos, a federación obrigou ao Racing a xogar o seu partidos de ascenso fronte ao Nástic de Tarragona en Balaídos, mentres que eran o Vilarreal B e o VDE Logroñés os que xogaban o seu partido de ascenso na Malata.
Aquela enorme inxustiza espertou ao racinguismo e máis de cinco mil persoas mobilizáronse para trasladarse a Vigo nunha trintena de autocares fretados por toda Galicia, xa que non había suficientes autocares dispoñibles na cidade.
Máis de cinco mil afeccionados racinguistas plantáronse nos arredores de Balaídos, sen que nin recintos de hostalería, comerciantes ou veciños contarán con eles. A xente fixo o que puido para buscar locais abertos e comer algo ou tomarse un refrixerio Incluso, viviuse algún momento de tensión, polo que foi necesaria a presenza dos corpos de orde pública.
O partido non acabou ben, de forma inxusta o Racing perdeu por 0-1, tras un gol de Nil ao 57 minutos ao aproveitarse dun erro defensivo dos ferroláns. A derrota fronte ao Tarragona puxo fin ao soño do ascenso, aínda que reviviu a un racinguismo que languidecera nas últimas tempadas.
Desconsuelo e bágoas
Ao final do choque, a todos os que estaban presentes en Balaídos escapoulles unha bágoa e non era para menos. Ao final do choque, os xogadores achegáronse á bancada na que ka que estaban situados os afeccionados racinguistas. Os xogadores, desconsolados polo que sucedera, recibiron todo o cariño dunha afección racinguista, que se envorcou co equipo.
É respaldo ao equipo comezou a crecer ata límites históricos, chegar aos 9.360 abonados na segunda campaña do equipo na Segunda División, unha cifra que puido ser máis alta, de non ser porque o Racing tivo que pechar a admisión de abonados, debido a que xa non había máis sitio nas bancadas do campo da Malata para poder situalos. A demanda era grande, algúns afeccionados falaron de facer unha lista para cando houbese ocos, algo que finalmente non levou a cabo.
Apoia ao club
A semente sementada en Balaídos non parou de dar os seus froitos. A pesar de a pésima pasada tempada, o racinguismo non se desencoraxou e na volta á Primeira Federación, antes Segundo B, o equipo mantén unha masa social superior aos 8.000 abonados. O afeccionados ao Racing de Ferrol e a súa comarca segue apoiando o equipo. No último partido na casa, a pesar de disputarse ás dúas da tarde, as bancadas da Malata rexistraron a afluencia de 5.167 espectadores, que está realmente ben.
Un apoio fundamental
Os afeccionados verdes son unha baza fundamental no campo da Malata e tamén cando xogan lonxe de casa. Na últimas tempada, por moi lonxe que fóra o partido, o Racing sempre contou co apoio dun grupo de afeccionados verdes. O do Ángel Carro desta tempada foi incrible, xa que o desprazamento foi masivo, uns 1.500 seguidores verdes, que apoiaron incondicionalmente o equipo.
Excursións a Vigo
O racinguismo volve mobilizarse para desprazarse a Vigo. O Racing enfrontarase á Celta Fortuna este sábado ás 16.15 en Balaídos. O choque ía celebrar en Barreiro, aínda que xogará finalmente en estadio Abanca Balaídos. Unha medida que demandara a marea verde, con ánimo dun novo desprazamento masivo como o que ocorreu con motivo do desprazamento do Racing ao Ángel Carro para enfrontarse ao Lugo. «O Real Club Celta de Vigo pon á nosa disposición todas as entradas que sexan necesarias para a bancada visitante», detallou o Racing nas súas redes sociais.
As penas racinguistas están a organizar excursións para desprazarse á cidade olívica, polo que agarda unha grande afluencia de afeccionados nas bancadas do estadio vigués.
A localidade posta á venda para a bancada na que se situase a afección racinguista custa quince euros. O pasado luns acabou o prazo de preinscrición para a compra de entradas, aínda que de momento non se fixo público canta xente se apuntou.