
Pascu fixo o partido perfecto no equipo ferrolán
18 oct 2025 . Actualizado á 18:25 h.O MELLOR
Pascu | 10
Partido perfecto por parte do racinguista. Anoto dous goles, deu pases filtrados e traballou arreo para o equipo.
UN A UN
Miquel Parera | 7
Non tivo moito traballo, aínda que meteu algunha boa man e estivo sempre atento ao xogo.
Migue Leal | 7
Gran partido do lateral. Defendeu ben, sen erros e sumouse con acerto ao ataque.
Edgar Pujol | 7
Moi atento na marca aos dianteiros do Area. Moi rápido á hora de ir ao corte e nas axudas.
Saúl García | 7
Volveu xogar de central e cumpriu na posición con fartura. Acabou suplindo a Álvaro Ramón no lateral esquerdo.
Álvaro Ramón | 8
Firme en defensa e tamén axudou á hora de irse ao ataque. Anotou un gran gol, co que se estreou como goleador.
Gelardo | 7
Traballou duro no medio campo. Achega traballo e axuda a xogar o balón desde atrás.
Sergio Tejera | 8
Fixo un gran traballo na medular. Cortou moitos balóns e axudou á hora de combinar.
Jairo Noriega | 7
É un xogador fundamental no xogo de ataque, aínda que lle falta mirar a portería.
David Concha | 7
Tratou de desbordar na súa banda e combinou ben en ataque. É un bo extremo e que mira a portería.
Antón Escobar | 6
Tivo algunha boa ocasión, aínda que as desaproveitou.
Gorostidi | 6
Tratou de axudar ao equipo no traballo no medio campo.
Artetxe | 6
Firme en defensa.
Álvaro Giménez | 6
Fallou ocasións moi claras. Fáltalle finalizar.
Álvaro Peña | 6
Botou unha man ao medio campo nun momento no que o rival apertou moito.
Raúl Dacosta | 6
Estivo poucos minutos no campo, polo que apenas puido xogar o balón.