O Tondela gana ao Racing de Ferrol o Memorial Moncho Rivera nos penaltis

Jose Valencia FERROL / LA VOZ

OPA RACING

José Pardo

O tempo regulamentario do encontro finalizou con empate a dous tantos

09 oct 2025 . Actualizado á 00:12 h.

O Tondela proclamouse campión do Memorial Moncho Rivera disputado no campo da Malata cunha escasa afluencia de afeccionados nas bancadas. O tempo regulamentario do partido acabou con empate a dous tantos polo que o torneo se decidiu nos penaltis, nos que o Tondela estivo máis acertado. O Racing jugó mellor na primeira parte, adiantouse no marcador aos 3 minutos de xogo cun tanto de David Carballo, aínda que antes do descanso Hugo Félix, 21 anos, irmán de Joao Félix, logrou o tanto do empate co que se foi ao descanso. Na segunda parte o Racing logrou o 2-1 por medio de Azael e dispuxo de ocasións para aumentar o marcador. Á falta de seis minutos para o final, cun tiro desde fóra da área o Tondela logrou o empate a dous tantos. Os penaltis decidiron o torneo a favor do club luso.

Pablo López sacou ao campo un equipo formado polos xogadores que menos minutos tiveron na liga, incluídos David Carballo e Azael, dúas dos futbolistas máis mozos na persoal racinguista. Diante estaba o Tondela un equipo da Primeira División de Portugal, aínda que os lusos tamén presentaron baixas neste encontro, entre eles, dous internacionais convocados coas súas seleccións.

Foi un dos mozos do equipo ferrolán, David Carballo, o que adiantou ao Racing no marcador con só tres minutos de xogo. Un disparo desde fóra da área, que se coou pegado á cepa do poste. Aos dez minutos o Racing puido facer o segundo nun centro chute á área que acabou co balón golpeando no traveseiro.

Os ferroláns mostráronse superiores no arranque do encontro co control do balón, abrindo ben o xogo por bandas e chegando á área do Tondela con claridade. O equipo luso aguantou o ballón como puido e buscou algunha acción e calidade en ataque. O Racing perdeu a Chema por lesión tras unha dura entrada, polo que tivo que ser substituído. Entrou no seu lugar Álvaro Ramón que pasou a xogar de lateral esquerdo e Saúl pasou ao centro da defensa.

O Tondela empatou nunha contra, aos 34 minutos, nunha acción na que os ferroláns pediron falta sobre Saúl, aínda que o árbitro non o entendeu así e Hugo Félix acabou enviando o balón ao fondo da rede.

O Racing non se resentiu polo empate, seguiu xogando ben e Azael tivo o segundo nun disparo desde fóra da área que saíu moi preto da escuadra. Os lusos tamén pediron un penalti sobre Yefrey na recta final da primeira parte.

Gol de Azael

Na segunda parte, os dous equipos fixeron cambios. Do mesmo xeito que na primeira parte, con só dous minutos de xogo, tras un roubo de balón Azael fixo o 2-1 para o Racing. Os ferroláns mantiveron o bo nivel e dispuxeron de varias ocasións para aumentar o marcador. Aos 71 Álvaro Juan tivo unha grande ocasión, aínda que o balón se estrelou no corpo de Brayan, que evita o tanto; ás 77 o perigo púxoo Raúl Dacosta, cun bo disparo cruzado, que o porteiro enviou a córner.

Racing de Ferrol

Á falta de só cinco minutos para o final do tempo regulamentario Xavi Huarte logrou o 2-2 polo que o trofeo se decidiu nos penaltis. Polo Racing fallou Álvaro Giménez, acertou Álvaro Peña, tamén Raúl Dacosta. David Concha e Jairo. Os lusos meteron os cinco a cargo de Xavi Huarte, Bebeto, Alfonso Rodrigues, Hodge e Maranhao.

JOSE PARDO

Un partido benéfico

O Memorial Moncho Rivera é un partido benéfico. A recadación foi de 42.906 euros que se doou a Aspaneps. Ignacio Rivera foi o encargado de entregarlle á representante de Aspaneps a recadación, conseguida grazas ás doazóns, xa que a afluencia ao campo da Malata foi escasa.

 

Ficha técnica

2: Racing de Ferrol. Lucas Díaz (César Fernández, min. 46); Migue Leal (Mardones, min. 61), Artetxe (Álex Zalaya, min. 70), Chema Rodríguez (Álvaro Ramón, min. 27), Saúl García (Gorostidi, min. 70); Gelardo (Jairo Noriega, min. 77), Tejera (Álvaro Peña, min. 61), David Carballo (David Concha, min. 61); Pascu (Álvaro Juan, min. 70), Antón Escobar (Álvaro Giménez, min. 46) e Azael (Raúl Dacosta, min. 70).

2: Tondela. Lucas Cañizares (Gabriel Souza, min 69); Diego Tavares (Brayan, min 70), Joao Alfonso (Cristian, min 70), Hélder Tavares (Ceitil, min 46), Cícero (Hogde, min 46), Tiago Manso (Cavaleiro, min 70), Maviram, Yarlen, Moudjatovic (Alfonso Rodrigues), Hugo Félix (Xavi Huerte, min 46) e Yefrey Rodríguez (Maranhao, min 70).

Goles: 1-0, min 3: David Carballo; 1-1, min 32: Hugo Felix; 2-1, min 47: Azael; 2-2, min 85: Xavi Huarte..

Árbitro: Iván García Rey Colegio Ferrolán.