Grazas a esta versión con capota de lona, o Renault 4 Plein Sud convértese no máis lúdico da gama, un coche para gozar do paseo ao aire libre e cun prezo desde 31.550 euros.
23 jun 2026 . Actualizado á 07:59 h.E l primitivo R4 setenteiro, ao que este eléctrico sucede, xa tiña unha versión con capota corrediza de lona, o mesmo que este Plein Sud, aínda que neste caso, como requiren os tempos, sexa de accionamento eléctrico.
Unha vez que nos subimos a el podemos asombrarnos cos seus 92 centímetros de longo por 80 de ancho, grazas ao cal podemos morenear en días de sol desde as súas cinco prazas. A presenza desta lona no teito fixo desaparecer a antena de radio, agora integrada na luneta traseira.
A capota ten un grosor suficiente como para amortecer o ruído aerodinámico, e tamén hai que destacar que se pode abrir mediante un mando interior, a través da chave do coche, ou por unha orde de voz desde o avatar Reno, co que Renault permite comunicarse co vehículo a todos os seus clientes.
Esta versión convertible véndese nunha única versión de 150 cabalos, con dous acabados, Techno e Iconic, con prezos de 31.550 e 33.550 euros, respectivamente.
Do mesmo xeito que toda a gama R4, este Plein Sud incorpora todos os equipamentos de seguridade da marca, incluído un sistema de vixilancia avanzada do condutor que, a través dunha cámara, detecta calquera síntoma de somnolencia, que avisa con sinais acústicos.
Nunha época na que botamos de menos os convertibles, este R5 Plein Sud achega un sopro de aire fresco.