Kymco DTX 350, o crossover

MOTOR ON

-

A firma taiwanesa Kymco súmase á moda dos scooter de aventura, trail ou crossover, como se queira dicir, amigos do asfalto e dos camiños de terra .

10 ago 2025 . Actualizado á 16:08 h.

Iso pretende polo menos este DTX 350 que chega ás nosas páxinas hoxe, un scooter de tamaño grande que a marca ofrece con versións de 125 e 350 cc, esta última a que probamos. 

Trátase dun scooter con boa capacidade para dous pasaxeiros. O seu carácter crossover delátano as rodas taqueadas, de quince polgadas diante, os cubremanos e unha boa altura libre ao chan. Tamén a súa pantalla de reducido tamaño.

Equipa o poderoso e multiuso motor monocilíndrico de 321 cc, homologado para Euro 5+, con 28 cabalos de potencia. É moi lineal na súa entrega, sen pausa, parece incluso máis potente e non lle fai noxos nin ás autovías, aínda que a súa reducida pantalla orixinal non protexe moito.

Con control de tracción e freos ABS, entre algunhas comodidades, destaca polo seu sistema Keyless de arranque sen chave, espazo para dous cascos e toma de USB-C para cargar móbil. As cores son verde escuro ou negro mate e o prezo moi asequibl,e desde 4.650 euros. Non se lle pode pedir mais. Unha boa opción.