Toyota C-HR+: o SUV eléctrico

Por Juan Torrón

MOTOR ON

Jeroen Peeters

Tras as motorizacións híbridas do exitoso Toyota C-HR chega agora o motor cento por cento eléctrico, que coa súa terminación + completará a gama da marca.

20 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A tractiva pode ser a palabra que mellor defina a carrocería cupé do novo vehículo cento por cento eléctrico de Toyota.

Herdando as súas liñas do irmán híbrido, este modelo chega para competir no segmento de maior crecemento, coñecido como C-SUV. Neste C-HR+ axustáronse suspensións e dirección para acoller dúas opcións de batería, de 57,7 e de 77 kWh. Dispoñible con tracción dianteira e total, esta última está destinada á versión máis potente, con 343 cabalos e aceleración de 0 a 100 próxima aos 5 segundos. Coa batería de 57,5 kWh o motor ofrecerá 167 cabalos, e haberá outra opción intermedia de 224 cabalos.

Este modelo estará dispoñible a partir de finais de ano e será o terceiro eléctrico da gama Toyota xunto co novo Urban Cruiser e o bZ4X. Exteriormente recoñecerémolo por unha nova grella pechada, un deseño exclusivo de paragolpes, así como os seus faros tamén de novo deseño. O Toyota C-HR+ manterá a súa liña de teito a modo cupé sen sacrificar espazo para as prazas traseiras. Na súa vista posterior destacan os seus pilotos led. No seu interior recibiranos a luz ambiental, o seu teito panorámico e os seus dous cargadores inalámbricos. O seu maleteiro é capaz de acoller 416 litros de capacidade e, con respecto ao prezo, aínda non foi anunciado.