
A chegada do Bigster supón a ampliación da gama de Dacia, que xa dispón dun quinto modelo e ademais o de maior tamaño, con 4,57 metros de longo e un marcado carácter crossover.
20 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Bigster será o novo buque insignia de Dacia, unha marca que baixo o escudo de Renault está a acadar éxitos insospeitados en vendas. O Bigster vén ser un Duster ao grande (23 centímetros máis), cun maleteiro de 702 litros sen abater asentos, con 22 centímetros de altura libre ao chan que lle permiten circular off road sen problemas e coa lixeireza por bandeira, xa que só pesa 1.487 quilos. A pesar diso, o aspecto do Bigster é robusto e poderoso e pode incorporar lamias de ata 19 polgadas.
No interior destacan dúas pantallas de ata 10 polgadas cada unha, a primeira para o cadro de instrumentos e a segundo de navegación e sistemas. Unha gran consola central serve para almacenar obxectos incluso refrixerados, cun cargador de smartphone por indución e conexión inalámbrica. Outras delicatesen non habituais en prezos como o do Bigster son o teito panorámico, o portón traseiro eléctrico, o regulador de velocidade adaptativo e a climatización bizona, aínda que ningúns se paguen como opción.
Se falamos de motorizacións, aquí contamos cunha gama que está a demostrar a súa validez ao contar todos os motores con etiqueta ECO e con tecnoloxías híbridas, incluída unha con GLP.
A motor estrela será o hybrid 155, con motor de gasolina de 4 cilindros e 107 cabalos axudados por dous motores eléctricos de 50 cabalos. Vai asociado a unha caixa de cambios de catro velocidades no motor térmico, que se combinan con outras dúas no eléctrico, todo sen embrague.
O segundo motor é o mild hybrid 140, co motor de gasolina de tres cilindros TCe 130 cabalos combinado cunha hibridación lixeira de 48 voltios. Este motor ten unha variante que se pode utilizar con GLP, con consumos e emisións moi reducidos. A gama complétase cun motor máis pequeno, mild hybrid 130 con tracción 4x4.
Os prezos do Bigster van desde os 24.950 ata os 31.290 euros, con catro niveles de acabados