![](https://img.lavdg.com/sc/LM31PptIoymbb4w-EXMjr3dm9bI=/480x/2025/01/16/00121737054182088952521/Foto/j_20250109_140924000.jpg)
Dacia quere manter un dos seus valores principais co Bigster, mantendo unha excelente relación entre a calidade do produto e o prezo. Desde hai uns días xa están abertos os seus pedidos.
19 ene 2025 . Actualizado á 05:00 h.Desde o pasado 9 de xaneiro, os concesionarios de Dacia xa poden realizar pedidos do novo Bigster. Cun prezo de 24.590 euros Dacia quere irromper con forza no segmento C das carrocerías SUV (4,5 metros) ofertando moito confort e practicidad, cun amplo equipamento dispoñible en función do nivel de acabado.
A pinza de prezos oscilará entre os 24.590 do Essential 140 Eco-G e os 29.790 euros do Extreme TCe 130 48 voltios 4x4. A maiores, a garantía Dacia Zen permitirá ao cliente renovala ata 7 anos ou 150.000 quilómetros.
Todos os motores que equipa este coche están electrificados e por tanto poderán presumir da etiqueta ECO. O motor TCe de 140 cabalos equipa unha hibridación lixeira de 48 voltios que axuda nas fases de arranque e aceleración. Pero a novidade en motores está centrada no propulsor que por primeira vez combina GLP e gasolina, apoiándose tamén por unha hibridación lixeira e conseguindo así consumos extremadamente axustados e emisións de CO2 moi reducidas. Tamén, o Bigster poderá optar como primeiro modelo Dacia ao motor de Renault Group, o Hybrid 155, que, asociado a unha caixa de cambios automática, está dispoñible co acabado Expression. Xa para rematar, para os que queren gozar do campo e buscan motores con moitos baixos, a proposta é o TCe 130 4x4, que ademais da súa tracción integral combina unha caixa de cambios de 6 velocidades manual. Esta motorización tamén está apoiada por unha hibridación de 48 voltios.
Os clientes poderán elixir entre catro niveis de acabado: Essential e Expression serán os de acceso á gama, mentres que Extreme estará orientado aos amantes do aire libre, contando con teito panorámico, barras superiores e unha tapicería que se pode lavar moi facilmente. Para rematar, o acabado Journey é para os clientes que dan prioridade ás longas viaxes.