Peugeot 2008, galego polo mundo

Por Juan Ares

MOTOR ON

christiangarciaph

O Peugeot 2008 fabrícase en Galicia, na planta de Stellantis, xa con 652.000 unidades producidas. Este modelo supón o 21% das vendas da marca no mundo e é o Peugeot máis vendido en España desde o 2020, con máis de 70.000 coches.

19 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O 2008 afronta unha renovación que se traduce nun frontal redeseñado onde os faros xa son Full LED, a grella é da cor da carrocería e leva o emblema do león no medio e as luces diúrnas teñen tres garras led verticais a ambos os dous lados.

No interior mantén o seu i-Cockpit que o fixo soado, con volante pequeno e taboleiro por amais do mesmo, aínda que agora mellora coa incorporación de cámaras HD dianteiras e traseiras para condución semiautónoma; o cadro de mandos é dixital, cunha pantalla de 10 polgadas, leva catro portos USB e cargador inalámbrico de móbiles, a pantalla central tamén é de dez polgadas e a conexión do teléfono co coche inalámbrica.

Pero onde ten unha das súas fortalezas este Peugeot 2008 é na variedade de motores. Pódese comprar con dous motores de gasolina, de 100 ou 130 cabalos, con caixas de cambio manuais ou automática EAT8, tamén hai unha versión diésel Blue HDi de 130 cabalos con caixa automática, e a partir de febreiro dispor ademais dun motor con microhibridación de 136 cabalos. Pero non acaba aí a gama, xa que outra das bazas do 2008 son os seus motores eléctricos, un de 115 kw (156 cabalos) con batería de 54 kWh e ata 406 quilómetros de autonomía, e outro máis pequeno de 100 kWh (136 cabalos), batería de 50 kWh e 345 quilómetros de autonomía. Os niveis de acabado da gama son Active, Allure e GT.

As posibilidades de compra para este 2008 abarcan importantes plans de renting , por exemplo os 235 euros ao mes durante 36 meses, cunha primeira cota de 6.654 euros para o modelo eléctrico. O modelo de gasolina de 100 cabalos ten un prezo de partida de 26.890 euros, mentres que o diésel con acabado GT sae á venda por 35.340 euros.