Elevado custo das datacións radiométricas

La Voz

TRIACASTELA

13 ene 2015 . Actualizado á 05:05 h.

Unha boa porción dos fondos que se destinaron ao proxecto arqueolóxico nos últimos anos investiuse en datacións radiométricas realizadas cos métodos do carbono-14 e a termoluminiscencia do cuarzo. Estes complexos e custosas análises son imprescindibles para coñecer con certeza a antigüidade dos artefactos líticos, os fósiles de animais e as mostras de arte prehistórica que se atoparon no xacemento de Cova Eirós e por tanto constitúen unha parte fundamental do proxecto.

Os investigadores están a agardar os resultados dalgunhas datacións que se encargaron o ano pasado a laboratorios especializados, recorrendo para iso aos últimos fondos dispoñibles. Ningúns destas análises fanse co fin de determinar a idade das pinturas rupestres achadas na cova no 2011, as primeiras mostras de arte parietal paleolítica descubertas en Galicia. Nos próximos meses agarda dispor destes datos. «Pero temos pendentes outras analíticas que xa non se puideron incluír no proxecto porque non contabamos con máis fondos e esas probas terán que realizarse máis adiantes, cando se conseguiron novas axudas», engade.