A Domus do Mitreo de Lugo entra a formar parte do sistema de centros museísticos de Galicia

LUGO

A integración neste organismo da Xunta permitiralle acceder a liñas de axudas públicas e a ter prioridade en accións formativas.
15 abr 2025 . Actualizado á 13:29 h.O Consello da Xunta deu este luns 14 de abril luz verde á incorporación da Domus do Mitreo de Lugo cidade no Sistema Galego de Centros Museísticos da Xunta de Galicia. O museo lucense, que forma parte da USC, naceu como espazo arqueolóxico, e que pasa a formar parte da rede da Administración autonómica tras cumprir con todos os requisitos esixidos.
Tal e como se establece no acordo avaliado este luns polo Consello da Xunta, a incorporación desta entidade fundaméntase no seu papel esencial en salvagárdaa e conservación dos obxectos achados no xacemento arqueolóxico sobre o que se asinta, así como no feito de que se garante a integridade dos bienes culturais á vez que se compatibiliza a súa conservación coa visita pública.
O espazo adquire aínda máis importancia tendo en conta a relevancia dos dous elementos patrimoniais que custodia: a Domus e o Mitreo. No primeiro deles, que fai referencia a un tipo de casa, documéntase o período romano da cidade de Lugou e móstranse aspectos sobre a relación económica co territorio e as súas paisaxes. Así mesmo, conta con estruturas e restos de materiais e elementos que evidencian unha zona termal e a decoración parietal.
Ademais, no xacemento pódense ver os propios cimentos da Murralla de Lugo, xa que a domus foi unha casa anterior á construción do muro romano, e cando a finais do século III decidiuse levantar a Muralla, parte desta domus tivo que ser expropiada para que pasase a fortificación.
Doutra banda, o Mitreo é un templo dedicado ao deus Mitra. Trátase dun elemento de gran singularidade e relevancia histórica, ao ser o único, ata o momento, en toda a Península Ibérica que conserva a planta completa. Varios especialistas han destacados nos últimos anos a singularidade deste xacemento, único en España.
Á singularidade deste conxunto, que comezou a ser escavado hai 25 anos, súmase que o espazo está situado nun punto de referencia patrimonial da cidade de Lugo, onde conflúen a Muralla Romana —construída sobre parte do xacemento—, a Catedral de Santa María e o Camiño Primitivo de Santiago.
Un paso importante
Tras este acordo, a Domus do Mitreo pasará a integrarse no Sistema galego de centros museísticos, do que forman parte actualmente un total de 91 centros: 68 son museos, 22 son coleccións museográficas e un é un centro de interpretación do patrimonio cultural.
A integración neste organismo da Xunta permitiralle acceder a liñas de axudas públicas, participar en accións formativas de interese para a súa actividade, ter prioridade en accións colaborativas ou en propostas itinerantes promovidas polo Goberno galego, entre outros beneficios.