A rotura dunha tubaxe deixou sen auga a medio Monforte durante catro horas

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

La rotura se produjo a escasos metros de las oficinas de Aqualia
A rotura produciuse a escasos metros das oficinas de Aqualia CEDIDA

A avaría produciuse ao lado das oficinas de Aqualia e afectou as rúas da marxe dereita do Cabe

03 oct 2022 . Actualizado á 16:37 h.

Practicamente a metade do centro urbano de Monforte permaneceu este luns sen subministración de auga desde primeira hora da mañá ata pasadas as doce do mediodía, cando se restableceu paulatinamente o servizo. A avaría que obrigou a interromper o abastecemento produciuse no campo de San Antonio, a escasos metros das oficinas da empresa Aqualia, adxudicataria do servizo municipal de auga e saneamento. O Concello confirmou que o corte afectou a toda a marxe dereita do Cabe, onde se atopan algunhas das rúas máis poboadas

O corte da subministración produciuse antes das oito da mañá pola rotura dunha tubaxe baixo a beirarrúa entre as oficinas de Aqualia e o bar Cruceiro. A auga procedente da fuga estendíase nun primeiro momento rúa abaixo ata o cruzamento de Méndez Casal con Santa Clara, á altura da ponte vella. As rúas Chantada, Ourense, Corredoira. Fontecha, Cobas, Santa Clara, Ramberde e Rof Codina, do mesmo xeito que todas as súas travesías, estuuvieron sen servizo de auga. Aínda que o corte afectou o barrio do hospital, o centro sanitario dispón de sistemas de abastecemento propios para este tipo de incidencias.