O alcalde, Manuel Varela, recolleu en Carballo a distinción que recoñece a apertura e o coidado de zonas verdes
14 nov 2025 . Actualizado á 19:04 h.A localidade coruñesa de Carballo acolleu onte o acto de entrega de premios da edición deste ano do certame que promove o movemento Vilas en Flor, no que volveu ater unha presenza destacada o municipio de Chantada. A Fundación Juana de Vega puxo en marcha no 2018 esta iniciativa para recoñecer as boas prácticas ambientais nos concellos de Galicia de menos de 40.000 habitantes. Segundo informa o Concello, Chantada obtivo por oitavo ano consecutivo catro flores de honra por parte do xurado.
O alcalde, Manuel Varela, que se desprazou a Carballo co co concelleiro Diego Otero e Modesto Varela, encargado do equipo municipal de xardinería, recolleu a distinción de mans da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. No premio a Chantada, o xurado valorou a recuperación de espazos como a nova zona verde do barrio de Marín; actuacións como a creación de zonas verdes nas rúas Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal; ou a mellora da zona da Lama dás Quendas coa humanización da praza Luis García Arias, entre outras.