Carlos Domínguez continúa no parte médico por unha escordadura de nocello
26 nov 2025 . Actualizado á 11:37 h.A baixa de Fran Beltrán é a principal novidade do parte médico do Celta, actualizado tras o adestramento realizado polo equipo na mañá deste mércores, antes de viaxar a Bulgaria para o partido fronte ao Ludogorets. Unha gripe deixou fose o centrocampista de Seseña, que viña de ser titular e disputar os 90 minutos ante o Alavés e súmase a unha enfermería na que segue Carlos Domínguez, que tampouco formará parte da expedición por unha escordadura lateral de nocello sufrido o 8 de novembro e que lle fixo perderse os últimos dous compromisos, tres con este.
Outra doenza de nocello -escordadura deltoideo na articulación dereita- deixouna atrás Hugo Álvarez, que ten a alta e si está ao dispor de Claudio Giráldez tras estar fóra nos últimos tres partidos do equipo, desde que sufriu un choque fortuíto con Iago Aspas no adestramento previo á visita ao Dinamo de Zagreb. Tamén volve estar en condicións Williot Swedberg, que xa recibira este martes a alta da escordadura que sufriu coa selección de Suecia sub-21 o pasado 13 de outubro; no seu caso, son oito os duelos nos que causou baixa neste tempo.