
O moañés lembra que prometeu pelexar por volver a Europa e tiveron que pasar oito anos, dando mérito ao actual corpo técnico; conta que xa en pretemporada viu que se estaba «construíndo algo bonito»
25 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Iago Aspas compareceu ao lado de Claudio Giráldez e respondeu na súa presenza sobre que ja suposto o técnico no equipo. «Cambiounos a cara, é doado. Desde que o seu corpo técnico colleu os mandos, xa dixeron que iamos ser propositivos, a querer o balón, e se tiñamos que morrer, sería de pé, sendo protagonistas, con balón», lembrando que s o que fixeron desde o primeiro día que debutou o porriñés no banco gañando ao Sevilla no Sánchez Pizjuán. «Que nos dure moito tempo», anhela.
"Hai oito anos dixen que ía deixarme todo para ?????? ? ??????..."
— Fútbol en Movistar Plus+ (@MovistarFutbol) May 24, 2025
E como bo líder, @aspas10 cumpriu. ©??#DeportePlus #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/q3uubf907y
Ademais, lembrou as súas palabras tras perder a semifinal da Europa League hai oito anos. «Dixen que ía deixarme todo para volver a Europa e se en oito anos non o conseguín, algo de mérito teñen o corpo técnico e os compañeiros», mostrándose orgulloso por lle grupo formado, polo ambiente que teñen desde pretemporada e a boa mestura entre futbolistas mozos e veteranos.
En declaracións aos medios do club, lembrou que nese período de oito anos, «por unhas cousas ou por outras, non puidera ser» e sempre estaban «case máis pelexando polo descenso que por Europa», pero xa a tempada pasada, desde a chegada do actual técnico, puxéronse as bases do momento actual. «Empezando pola xente da casa xa desde o ano pasado, desde o final da tempada pasada», encomia.
Xa este curso, os seus agoiros eran positivos desde o principio. «Víase que estabamos a construír algo bonito. Xa a pretemporada mo deixou bastante claro, eu, que son can vello que levo moitos anos aquí». Acordouse de Borja Iglesias, Marcos Alonso e Ilaix Moriba como «incorporacións moi boas» que fixeron no verán e que «achegaron moito». «A forza do grupo é o que nos levou a pelexar por estar en Europa e a conseguilo», sentenza.
Os logros do Celta 2024/2025, para o seu capitán, van máis aló desta clasificación europea. «Esta tempada conseguíronse moitísimas cousas, xa non só por Europa, pola xente da casa, ese achegamento coa xente, con toda a chavalería. Falabámolo o outro día no autobús cando iamos para Balaídos, toda esa xente mozo que se enganchou ao celtismo», algo no que tamén cre que ten a súa cota de responsabilidade o departamento de comunicación do club. Agora, xa pensa en «celebrar coa afección, descansar e volver coas pilas cargadas para a tempada que vén».