Ben Stiller confesa que padeceu cancro de próstata

La Voz REDACCIÓN

XENTE

ANGELA WEISS | AFP

O actor revelou nun programa de radio que superou esta enfermidade e insistiu na importancia de someterse a recoñecementos médicos con regularidade

04 oct 2016 . Actualizado á 18:30 h.

O actor Ben Stiller revelou que padeceu cancro de próstata hai dous anos. A confesión chegou por sorpresa este martes no programa The Howard Stern, un dos máis populares das ondas estadounidenses. Stiller, un dos actores de comedia mellor pagados de Hollywood, recoñeceu que tivo «moito medo» cando lle comunicaron o diagnóstico.

O protagonista dOs pais dela ou de Zoolander, entre outros taquillazos, confesou que por fin se atrevía a contar a súa historia coa intención de concienciar á xente e para promover as revisións médicas rutineiras. No seu caso, o doutor logrou detectar as células canceríxenas grazas a unha análise do antíxeno prostático específico (unha substancia protéica sintetizada por células da próstata). «Creo que esta proba salvoume», dixo nos micrófonos de Sirius XM Holdings. Stiller insistiu na idea de que unha detección precoz é fundamental para superar con éxito a enfermidade.