Detido o «hacker» que roubou fotos íntimas de varias famosas estadounidenses

La Voz REDACCIÓN

XENTE

LUCY NICHOLSON | Reuters

Ryan Collins declarouse culpable e podería cumprir unha condena de 18 meses de prisión tras chegar a un acordo coa fiscalía

16 mar 2016 . Actualizado á 20:06 h.

As celebrities estadounidenses respiran aliviadas tras lle detención de Ryan Collins, un home de 36 anos e residente en Lancaster (Pensilvania), ao que se lle acusa hackear varias contas de famosas como Jennifer Lawrence, Kate Upton ou Avril Lavinge e filtrar as súas fotografías e vídeos persoais.

Collins declarouse culpable ante un tribunal de Los Ángeles de violar a lei de fraude e abuso informática por acceder entre novembro do 2012 e setembro do 2014 a máis de cen contas alleas, entre elas as de polo menos 18 personaxes públicos, nun caso que foi bautizado pola prensa como Celebgate.

O acusado cumprirá unha sentenza de 18 meses de prisión tras chegar a un acordo coa fiscalía, xa que os dous delitos que se lle imputan, un por hackeo informático e outro por acceder se autorización a un computador protexido para obter información, poderían suporlle unha condena de ata cinco anos de privación de liberdade.

O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos explicou que Collins accedeu ás contas de iCloud e Gmail das súas vítimas enviándolles mensaxes de correo electrónico facéndose pasar por Google ou Apple nos que lles solicitaba certos datos persoais que lle facilitarían o acceso posterior ás súas contas. «Mediante este esquema de fraude, o acusado accedeu ás copias de seguridade completas de Apple iCloud que pertencían a moitas vítimas, incluíndo polo menos a 18 famosas. Moitas destas copias de seguridade contiñan fotografías de espidos e vídeos», pode lerse nun dos documentos que se presentou ante o tribunal.

En setembro do 2014, Jennifer Lawrence denunciou o roubo de fotografías e vídeos íntimos, e a través da súa conta de Twitter denunciou «unha flagrante violación da súa intimidade».

Outra das famosas cuxas imaxes íntimas foron filtradas foi a actric Mary Elizabeth Winstead. «A aqueles que estades a mirar as fotos que me fixen co meu marido hai anos na privacidade do noso fogar, agardo que vos sintades ben», chouchiou.

Pero non foron as únicas. Á lista de vítimas de Ryan Collins hai que engadirlle os nomes de Kate Upton, Victoria Justice, Ariana Grande, Teresa Palmer ou Kirsten Dunst, entre outras.