A cancelación da súa serie, detrás do suicidio de Robin Williams

La Voz

XENTE

© ERIC THAYER / Reuters

A web TMZ apunta como motivo da morte do actor o fracaso de «The Crazy Ones», e non ás súas adiccións ou ao Parkinson que padecía

17 ago 2014 . Actualizado á 17:38 h.

A web Tmz.com fixo público que o posible motivo do suicidio do actor Robin Williams non sería as súas adiccións, as cales poderían axudar e incentivar o fatal desenlace, se non a cancelación da súa serie de televisión, The Crazy Ones, a que lle levaría a quitarse a vida. Fontes próximas ao actor aseguraron que o gañador dun Óscar estaba «devastado» pola cancelación da ficción, que vía como un «fracaso persoal» xa que que el era unha das principais estrelas, onda a actriz de Buffy Cazavampiros, Sarah Michelle Gellar, para que a serie funcionase.

Con todo, foi Robin Williams quen asumiu persoalmente a responsabilidade de ser o principal reclamo da serie, que non triunfou entre a audiencia, sendo cancelada tras a emisión da súa primeira e única tempada. Carteis, paneis enormes publicitarios por toda a cidade de California coa súa cara, foi o que máis lle impuxo ao actor.

Debido a este fracaso como el o consideraba, entrou nunha profunda depresión da cal estaría tratándose. Tmz.com amplía ademais os motivos da profunda tristeza de Robin Williams e apunta á idade e aos poucos papeis que lle ofrecían xa para novas películas e que remataron por por afundirlle máis.

A pesar de que se atopaba nas primeiras etapas da enfermidade de Parkinson, segundo TMZ non influíu na súa morte.