A adega lanzou este innovador produto da man de Bêkari, xa á venda nas panaderías viguesas desta marca
No receitario tradicional atopamos infinitas receitas de sobremesas elaboradores con licores, xa que son, non só a maridaxe perfecta, senón tamén o ingrediente crave para as elaboracións máis sofisticadas e doces. Os licores D`Vizhoja, avalados pola asociación Slow Food Compostela, forman parte da rede KM 0 de Galicia e, por iso, convertéronse nun referente para os chefs máis aclamados desta comunidade. Pero son os licores só o aliado ideal das sobremesas?. Definitivamente, non. Adegas Marqués de Vizhoja e a panadería viguesa Bêkari lanzaron o pan de licor café D'Vizhoja con pasas, unha especialidade limitada.
O pan de licor café D'Vizhoja xa se pode comprar nos establecementos de Bêkari en Vigo, na rúa Salamanca, 10, e na rúa Marqués de Valladares, 2ª, e en Rúa Soportades 9 en Pontevedra. Trátase dunha elaboración artesanal que xa conquistou aos padais máis selectos.
Un proceso artesanal e innovador
A innovadora aposta destas dúas empresas, cuxa historia está vinculada a Vigo, busca pór en valor a calidade dos produtos de proximidade de Galicia. Jorge Peláez, propietario de Adegas Marqués de Vizhoja, destaca que «agora que as novas xeracións destas dúas marcas puxémonos ao mando, buscamos unir forzas e innovar partindo da tradición e da posta en valor dos nosos produtos».

Manuel Fernández, mestre panadeiro e propietario de Bêkari, explica como o proceso de elaboración deste orixinal produto é completamente artesanal. «Primeiro escaldamos a fariña co licor café de Adegas Marqués de Vizhoja, incorporando as uvas pasas hidratadas durante 48 horas co mesmo licor, e posteriormente procedemos á realización dun amasado moi breve con todos os ingredientes, antes de deixar que a masa fermente durante 24 horas en frío positivo», explica o responsable de Bêkari. O resultado é un pan cun punto doce, no que sobresae un intenso sabor a café.

Un paso máis no proceso de maridaxe
Tras o éxito desta colaboración, os directores de Bêkari e Marqués de Vizhoja teñen claro que seguirán traballando xuntos para achegar novidades ao sector gastronómico en Galicia e buscar fórmulas que transcendan ao concepto de maridaxe, xa que, aínda que o uso de viños e licores na cociña é algo tradicional non é tan habitual que dúas empresas do sector unan as súas forzas para investigar e crear novos produtos.