O BNG denuncia «a discriminación sistemática» do galego nas campañas institucionais do Goberno central

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

Néstor Rego.
Néstor Rego. BNG | EUROPAPRESS

O deputado nacionalista nacionalista Néstor Rego advertiu que a «maioría das publicacións institucionais dos ministerios en Galicia só se realizan en castelán»

05 jul 2025 . Actualizado á 17:35 h.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou a discriminación hacia a lingua galega por parte do Goberno central nas campañas institucionais. Ademais, advertiu que a maioría de estas «só se realizan en castelán». 

Sobre o informe de publicidade e comunicación institucional aprobado no Consello de Ministros o pasado 24 de xuño, Rego sinalou a marxinación que viven as linguas distintas ao español. «O informe non ofrece ningún dato sobre o uso real de cada lingua nas campañas promovidas pola Administración, nin o volume de difusión de cada unha delas. É evidente que o feito de que unha campaña estea dispoñible en galego non garantiza en absoluto un uso efectivo», detallou o deputado. 

Concretamente, Rego demandou que se incorporen nos próximos informes os datos detallados sobre «o número de publicacións feitas en cada lingua e nos medios nos que se difunden». Ademais, esixe ao Goberno central medidas que aseguren «o uso do galego nas campañas en Galicia, destinando recursos para garantizar esa presenza efectiva».

«O Executivo debe abandonar a política de mínimos e asumir de verdade que vivimos nun Estado plurilingüe, e iso require compromisos efectivos coa diversidade lingüística. O galego non pode seguir sendo invisibilizado polas institucións estatais», explicou Néstor Rego.