Tráfico prevé máis de 400.000 desprazamentos en Galicia esta fin de semana

La Voz REDACCIÓN

GALICIA

Acto institucional en la sede de Tráfico.
Acto institucional na sede de Tráfico. Marcos Míguez

O venres 4 de xullo empeza a primeira operación saída do verán. Haberá campañas especiais de vixilancia en xullo e agosto, co foco posto «no exceso de velocidade e o consumo de alcohol e drogas ao volante», segundo o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco

30 jun 2025 . Actualizado á 16:55 h.

Esta fin de semana haberá máis de 400.000 desprazamentos por estrada en Galicia, segundo as previsións de Tráfico, na que será a primeira grande operación saída do verán. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, indicou que o operativo para manter a seguridade nas estradas e reforzar a vixilancia contará con «700 axentes de Tráfico, 200 radares fixos, 275 cámaras, 291 estacións de toma de datos, mais de 300 paneles informativos e un helicóptero».

«Galicia é a comunidade con maior descenso de siniestralidade con fallecidos», detallou o delegado, que engadiu que «o obxetivo é consolidar esta tendencia» a pesar de que se detectou un «aumento da movilidade por carretera». Blanco fixo balance da situación respecto á do ano pasado, lembrando que hai habido unha melloría xa que baixou o número de persoas falecidas de 50 a 37. Paralelamente, a xefa provincial de Tráfico na Coruña, Victoria Gómez, alertou que «unha pequeña imprudencia pode levar a un accidente». 

«Tres de cada dez falecidos en carreteras pertencen aos colectivos vulnerables, como peatóns e motociclistas», lembrou Blanco. Ademais, insistiu en que «o importante é chegar e a seguridade vial non pode tomarse vacacións». Os máis de 400.000 desprazamentos en Galicia representan un 8,5% dos máis de 100 millóns de movementos que agardan no conxunto de España.